viernes, 27 de diciembre de 2019

AMENIZAMOS O NADAL NO XERIÁTRICO DO BARRIO DE SAN CRISTOBO

O 27 de decembro actuamos para os maiores residentes no Xeriátrico do barrio de San Cristobo.

sábado, 21 de diciembre de 2019

PANXOLIÑAS NA IGREXA PARROQUIAL

Como tódolos anos os coros de Carballo cantamos as panxoliñas na Igrexa Parroquial.

viernes, 20 de diciembre de 2019

MISA POLA NOSA COMPAÑEIRA TERESA

O 18 celebramos o 1º aniversario do pasamento da nosa compañeira Teresa. E cantamos na misa  na súa honra.

jueves, 12 de diciembre de 2019

GRAN ESTREA NO PAZO DA CULTURA

O 30 de novembro, cos mesmos nervos da primeira vez, estreamos no Pazo da Cultura de Carballo duas obras que fixeron rir a cachón tanto ao público que encheu o aforo como tamén aos actores e actices


 A PRIMEIRA OBRA FOI "CLARO E CLARA"




A SEGUNDA "O CALZONAZOS"

 

lunes, 21 de octubre de 2019

PEQUENA REPRESENTACIÓN NO LOCAL SOCIAL DA PARROQUIA


Na celebración da semana dos avós, o 20 de aoutubro, convidaronos a facer unha pequena adaptación da obra "O Calzonazos", que mais adiante estrearemos no Pazo da Cultura.

sábado, 12 de octubre de 2019

CANCES

Non pudemos obter imaxes da actuación. Perdón!!

miércoles, 2 de octubre de 2019

SAN MIGUEL DE VILELA

O día 28 de setembro actuamos na Igrexa de San Miguel de Vilela para animar a misa, co gallo da honra á Virxe do Carme e San Miguel


domingo, 22 de septiembre de 2019

22 de setembro de 2019. Conmemoración do día do Alzheimer

Co gallo da celebración do Día Mundial contra o Alzheimer, a Asociación AFABER solicitou a actuación do noso coro na misa na honra aos enfermos, os seus coidadores e os seus familiares. E nos fixemolo moi agradecid@s.

31 de agosto de 2019. Santa María de Noicela


15 de Agosto de 2019. Actuación na Igrexa de Bértoa


domingo, 31 de marzo de 2019

ACTUACIÓN PARA A VIRXE DE FÁTIMA

O 28 de marzo, co gallo da visita da imaxe da Virxe  de Fátima á Igrexa de San Cristobo, fumos cantar a misa.

domingo, 10 de febrero de 2019

ACTUACIÓN NO XERIÁTRICO

Con motivo da celebración do décimo terceiro aniversario da entrada en funcionamento do Xeriátrico "Geriatros", invitaron ao noso grupo de teatro a actuar.
Representaron unha obriña curta "Fala máis alto que non te escoito", con gran divertimento dos residentes.

martes, 6 de noviembre de 2018

NOVO ÉXITO DE PÚBLICO NA ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO



Si o Pazo da Cultura tivera máis aforo, máis xente asistiría á nosa representación.... E que tódos nos fartamos de rir, tanto o público como as actrices e actores.


viernes, 5 de octubre de 2018

MISA CANTADA EN SAN MIGUEL DE VILELA

O 30 de setembro, voltamos a cantar a misa na Igrexa Parroquial de San Miguel de Vilela



miércoles, 26 de septiembre de 2018

MISA EN HONOR DOS ENFERMOS DE ALZEIMER E OS SEUS FAMILIARES E COIDADORES

AFABER Bergantiños tivo a xentileza de contar co noso coro un ano máis para cantar na misa que se celebrou na Igrexa Parroquial de Carballo o 23 de Setembro en honor aos enfermos de Alzeimer

lunes, 17 de septiembre de 2018

MISA CANTADA NA IGREXA DE BÉRTOA

Co gallo das Festas de Bértoa, fomos cantar a misa do domingo.

martes, 7 de agosto de 2018

lunes, 6 de agosto de 2018

SAN SALVADOR DE REBORDELOS

Quedaron contentos o ano pasado, que o 4 de agosto nos volveron a invitar a cantar na misa na honra ao seu Patron.

sábado, 30 de junio de 2018

CLAUSURA DAS ACTIVIDADES NA RESIDENCIA DA PRAZA DE VIGO

Para festexar a clausura das actividades que se desenvolveron ao longo do curso na Residencia de Maiores da Praza de Vigo, o 26 de xuño actuamos para eles e para todos os que quixeron escoitarnos.


lunes, 21 de mayo de 2018

jueves, 19 de abril de 2018

ACTUACIÓN NO CENTRO DE DÍA DA PRAZA DE VIGO

O  18 de abril de 2018 fomos convidados a compartir unha tarde cos usuarios do Centro de Día que está na Praza de Vigo.
Fomos moi ben acollidos e intentamos que disfrutaran co noso repertorio. Creo que o conseguimos porque mesmo se puxeron a bailar!

miércoles, 28 de febrero de 2018

10/febreiro/2018: REPRESENTAMOS A OBRA "ÍMONOS DE VODA" NA RESIDENCIA GERIATROS DE CARBALLO

Non cabe duda de que divertimos á xente, porque esta vez a Residencia Geriatros invitounos a representar, para os seus residentes, familiares e persoal, a obra "Imonos de voda". A invitación foi para os actos do 12ª aniversario de entrada en funcionamento da residencia.

sábado, 16 de diciembre de 2017

10ª ACTUACIÓN: ESTREA NO PAZO DA CULTURA "ÍMONOS DE VODA"

O 9 de decembro no Pazo da Cultura de Carballo fixemos a estrea oficial da obra "Imonos de Voda".
O Pazo abarrotouse dun público con ganas de pasalo ben, e que se fartou de rir durante a representación da obra

miércoles, 25 de octubre de 2017

9ª ACTUACIÓN: TEATRO NA XX SEMANA DOS AVÓS.

En vista do éxito de anos anteriores, outra vez nos pediron que o 22 de outubro, como clausura da XX Semana dos Avós, o grupo de teatro representara a obra "Ímonos de Voda".

A pesares da limitación do espazo, o público non podía deixar de rir coa actuación dos nosos actores e actrices.

martes, 3 de octubre de 2017

8ª ACTUACIÓN NA RESIDENCIA DE MAIORES DA PRAZA DE VIGO

O día 30 de setembro actuamos gustosamente para os residentes da Residencia de Maiores da Praza de Vigo


sábado, 30 de septiembre de 2017

7ª ACTUACION: MISA CANTADA NA IGREXA DE SAN MIGUEL DE VILELA

Repetimos tamén o 24 de setembro na Igrexa de San Miguel de Vilela, onde fomos de novo invitados a cantar a Misa no día da festa ao seu patrón.

lunes, 25 de septiembre de 2017

lunes, 7 de agosto de 2017

5º ACTUACION: MISA CANTADA NA IGREXA DE SAN CRISTOBO

Novamente convidaronos a Cantar o 5 de agosto a Misa na Igrexa de San Cristobo co gallo das festas do barrio.

lunes, 31 de julio de 2017

4ª ACTUACIÓN: XORNADA DE CONFRATERNIZACIÓN

Como non todo vai ser traballo, o 27 de xullo xuntamonos na área recreativa da Rocheira (Coristanco) para disfrutar dunha boa comida  e baile. Estas juergas sempre axudan a crear lazos e facer piña.


viernes, 30 de junio de 2017

3ª ACTUACIÓN: VISITA CULTURAL A ASTURIAS E CANTABRIA E MISA CANTADA NO SANTUARIO DE COVADONGA

O 22 de Xuño, aproveitando que se invitou ao noso coro a cantar a Misa no Santuario da Virxe de Covadonga, aproveitamos para facer unha viaxe cultural visitando localidades de Asturias e Cantabria.



jueves, 25 de mayo de 2017

2ª ACTUACIÓN: 17 DE MAIO, CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis o Concello contou co noso coro para adicar duas cantigas  galegas na celebración do Día das Letras galegas.

jueves, 16 de febrero de 2017

1ª ACTUACIÓN DO 2017: 11 DE FEBREIRO NA RESIDENCIA XERIÁTRICA GERIATROS DE CARBALLO

Invitaron ao noso coro para animar a residentes e familiares, co gallo de celebrar o décimo primeiro aniversario de funcionamento da Residencia Geriatros de Carballo.
Amenizamos a tarde con cancións populares galegas, conseguindo que incluso os residentes se animaran tamén a cantalas.

domingo, 25 de diciembre de 2016

E o sábado 24 de decembro, cantamos a nosa panxoliña na Igrexa Parroquial de Carballo.

sábado, 24 de diciembre de 2016

ACTUACIÓN PARA OS MAIORES DE GERIATROS

O 17 de decembro amenizamos a tarde aos residentes en Geriatros, e a pesar do Nadal non só cantamos panxoliñas!

martes, 25 de octubre de 2016

O domingo 23 de outubro fomos invitados a representar no salón parroquial, a obra de teatro "A consulta do doutor", como fin da Semana dos Avós.

lunes, 26 de septiembre de 2016

Por segunda vez AFABER contou con nós para cantar na misa que o 25 de setembro se celebrou en prol dos enfermos de Alzheimer, dos seus familiares e dos seus coidadores.


domingo, 25 de septiembre de 2016

E como non todo vai ser cantar, tamén aproveitamos para facer comidas con moi bo rollo.
O 24 de setembro cantamos na coqueta igrexa de San Miguel de Vilela co gallo da honra ao Santo


jueves, 1 de septiembre de 2016

15 DE AGOSTO


O 15 de Agosto, co gallo da Asunción da Virxe María,  cantamos na misa en Bértoa.
Lamentablemente á persoa que elabora estas reportaxe non lle foi posible estar ese día, polo que non temos vídeo nin audio. Só unha foto.

martes, 12 de julio de 2016

SAN SALVADOR DE REBORDELOS

En Xullo fomos invitados a cantar na misa que, co gallo das festas patronais, se celebrou en San Salvador de Rebordelos.



viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O 17 de maio actuamos na Praza do Concello no Día das Letras Galegas interpretando duas cancións

"HEICHE DE CONTAR UN CONTO" e
O MUIÑO", con letra de Manuel María.





lunes, 16 de noviembre de 2015

OUTUBRO-2015 SEMANA DOS AVÓS

Como clausura da Semana Dos Avós  o grupo de teatro da coral Ribeiras do Anllons representou no salón de actos do Centro Social da Parroquia a obra "Os Malandríns"

miércoles, 7 de octubre de 2015

OUTUBRO-2015, PEREGRINACIÓN Á FÁTIMA

Coa idea de cantar na misa, aproveitamos para facer unha peregrinación a Fátima (Portugal)

miércoles, 16 de septiembre de 2015

AGOSTO DE 2015 MISA CANTADA EN HONOR A SAN CRISTOVO

En Agosto de 2015, coincidindo coas festas do barrio de San Cristovo, a Coral actuou na sua igrexa.

jueves, 10 de septiembre de 2015

2015-MISA PARA OS ENFERMOS DE ALZEIMER E OS SEUS COIDADORES

A Asociación AFABER deu unha misa en favor dos enfermos de Alzeimer, das suas familias e das persoas que se ocupan do seu coidado.

lunes, 15 de junio de 2015

MARZO-2015. REPRESENTACIÓN DE TEATRO NO PAZO DA CULTURA

En xuño as actrices e actores do grupo de teatro da Coral representaron no Pazo da Cultura de Carballo (abarrotado totalmente de público un ano máis)  duas obras:
"Véndese a Mula" e
"Os Malandríns"


domingo, 7 de junio de 2015

MAIO DE 2015 ACTUACIÓN NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis a Coral Ribeiras do Anllons foi convidada a actuar na conmemoración do día das Letras Galegas.

sábado, 25 de octubre de 2014

O 25 de outubro de 2014 o Coro Ribeiras do Anllóns cantou a Misa que se celebrou na Igrexa Parroquial de San Juan Bautista en honor aos avós.

miércoles, 25 de junio de 2014

2014-LETRAS GALEGAS

O 30 de Maio de 2014 a Coral tivo a honra de actuar por terceiro ano consecutivo  na Praza do Concello, co gallo da celebración do día das Letras Galegas

domingo, 8 de junio de 2014

2014-ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO

Tamén representaron a obra "O testamento do tio Nacho", coa sala chea de público.

sábado, 7 de junio de 2014

ACTUACIÓNS DO GRUPO DE TEATRO 2014

As actrices e actores do Grupo de Teatro da Coral representaron no Pazo da Cultura de Carballo duas obriñas curtas baixo o título de  "Contos de Feiras". O Pazo estaba a reventar, con un público que disfrutou ríndose sen parar.

martes, 31 de diciembre de 2013

2013-PANXOLIÑAS NA IGREXA PARROQUIAL

Como en anos anteriores o noso coro participou no canto das panxoliñas con motivo do Nadal  na Igrexa Parroquial de Carballo

martes, 3 de septiembre de 2013

miércoles, 7 de agosto de 2013

2013-FESTA NO BARRIO DE SAN CRISTOVO

Co gallo das festas no barrio de San Cristovo, o noso coro actuou na misa que se celebrou na capela de San Cristovo.

sábado, 25 de mayo de 2013

2013-CELEBRACION DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Tamén este ano fomos convidados polo Concello para actuar na homenaxe no día das letras galegas.

lunes, 31 de diciembre de 2012

2012- PANXOLIÑAS NA IGREXA PARROQUIAL

No Nadal cantamos panxoliñas na Igrexa Parroquial de Carballo

lunes, 21 de mayo de 2012

2012- DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Concello de Carballo invitounos a participar nos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas, actuando na praza do concello

sábado, 30 de abril de 2011

2011, abril- CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DO BARRIO DAS FLORES

En Abril de 2011 fomos A Coruña para actuar no Centro Sociocomunitario situado no Barrio das Flores